Acerca de mi




Aficionada a la escritura y a la fotografía sólo por el placer de la expresión personal. Autodidacta en ambos oficios en proceso de aprendizaje. Actualmente intento escribir una nouvelle.
Este es mi rincón para contar y enseñarte mi mundo.
                              
"Elda, unha creadora orixinal, cunha verba libre a moi persoal; a súa ollada sobre o mundo é unha mistura de realismo máxico e crónica do cotidián, que ela sabe armonizar e transformar en arte: verba actual e tradición, “aggiornamento” perfecto. Aínda que no blog atopamos unha linguaxe adaptada aos contidos -presentamos un blog de Fotografía- Elda ten un rexistro que eu coñezo, que vai moito máis alá…Elda é un deses afortunados seres que vive no momento, que se engade ao mundo para contárnolo e ofrecelo en imaxes e verbas. As súas orixes venezolanas, a cultura herdada a través das lembranzas de abraiantes personaxes que formaron ou forman aínda parte do seu mundo, achéganos ao contar do colombiano García Márquez; o don de Elda lévaa a fuxir do cliché, os seus personaxes non son estereotipos baleiros, están cheos de carne e historia; é imposible ler dúas liñas súas e non querer seguir, dende a conversa que escoita nun café, a un recordo da infancia... Eu tiven a sorte de coñecer algunhas destas historias escritas por ela e convídoa a incluílas no seu blog, para que todos vexamos que temos ao noso redor grandes creadoras, que non están nos circuitos oficiáis pero que son as que están a alimentar o espíritu de moitos de nós; porque ademáis hai na súa escrita unha cálida placidez que cada día quédanos máis lonxe de atopar na escrita; engaiolante Elda, atrápanos coa verdade e a sinxeleza do traballo ben feito. Como xa che escribin hai un tempo, “escribe, por favor, a túa verba é tan necesaria como a chuvia nun secarral”. Grazas, Elda, unha honra!"
Alicia López Gallego, escritora, profesora del taller de escritura creativa en la Universidad de Santiago de Compostela y directora del programa cultural "O sombreiro de Merlín".

Share
Tweet
Pin
Share